A escritora Olivia C. Rozas doou o seu segundo libro á Biblioteca Pública Municipal de Barreiros
A escritora Olivia C. Rozas doou o seu segundo libro 'Los hilos del destino' á Biblioteca Pública Municipal de Barreiros xunto con exemplares da revista Nós, a Xente do Redor.
Olivia é unha artista barreirense que, aparte de obras literarias, tamén crea e colabora con incontables artistas de artes plásticas e artesáns.
'Los hilos del destino' é un compendio de relatos de temática romántico-erótica, que abarca varios aspectos das relacións amorosas explorando as complexidades e alquimias do desexo humano. Cada historia somérxenos nos segredos máis íntimos de personaxes complexos, perfectamente construídos que se enfrontan a dilemas éticos e desafían convencións sociais.
Desde o Concello de Barreiros sinalaron que lle "agradecen o detalle de doar estes exemplares para que poidan ser lidos por todas e todos os veciños".