A escritora coruñesa Bibiana Candia fará unha dobre presentación do seu libro na Mariña

AMariñaXa
A escritora coruñesa Bibiana Candia, autora da novela Azucre vai estar o luns día 21 de marzo na Mariña facendo unha doble visita
1 Bibiana candia azucre
18 Mar 2022

A escritora coruñesa Bibiana Candia, autora da novela Azucre vai estar o luns día 21 de marzo na Mariña facendo unha doble visita presentación do seu libro.

Por unha bada estará ás 18.00 horas na biblioteca de Alfoz e máis tarde ás 20.30 horas na Librería Bahía de Foz. Os encontros organizados desde os clubs de lectura son abertos para todo o público.

Este doble encontro xurde da colaboración de dous clubs de lectura o que dende hai xa dous anos está funcionando en Alfoz promovido polo Concello e A Carón dos libros, o club que se puxo en marcha desde a Librería Bahía fai un mes.

Azucre é unha novela baseada no episodio histórico que foi a venda por parte dun potentado galego afincado en Cuba, Urbano Feijoo Sotomayor, de preto de 2.000 mozos galegos como escravos para traballar nas plantacións de caña de azucre.

Bibiana Candia recrea este episodio, e dalle humanidade centrándoo na historia dun grupo de rapaces que quen lee vai coñecendo e querendo ao longo do relato: desde que salen da súa aldea cheos de medo e de ilusión ata o final, que non vai ser igual para todos eles.
Escrita cunha linguaxe poética, en fragmentos cortos, con moita precisión narrativa é unha novela que nos atrapa desde o primeiro momento e fica con nós logo de rematar de lela.

Editada por unha editorial pequena, Pepitas de Calabaza, está tendo un enorme éxito e pensamos que ter a posibilidade deste encontro coa autora aquí, na Mariña, é unha oportunidade que cómpre non deixar pasar.

0.21116805076599