A Escola Oficial de Idiomas de Viveiro inaugura a súa nova biblioteca

AMariñaXa
O espazo, a pesar de ser de tamaño reducido, está deseñada para ser un espazo dinámico e multifuncional e conta con seccións dedicadas a temas tan diversos como cociña, ecoloxía, banda deseñada e feminismo
biblioteca_eoi_viveiro
Antiga biblioteca
21 Maio 2024

A Escola Oficial de Idiomas de Viveiro inaugura a súa biblioteca o mércores 22 de maio a partir das 19.40 horas. Este evento representa un momento especial para a comunidade educativa, xa que as bibliotecas son moito máis que lugares onde se gardan libros; son centros vitais que fomentan o coñecemento, a inclusión, a creatividade e a cohesión social, beneficiando a toda a comunidade de múltiples formas.

Este novo espazo, creado con moito cariño por parte do equipo da biblioteca e que ten unha base creada por equipos anteriores, sustentase grazas á importante contribución da dirección da escola, que apoiou esta iniciativa dende o seu inicio, recoñecendo o valor fundamental da lectura no proceso educativo.

A nova biblioteca, a pesar de ser de tamaño reducido, está deseñada para ser un espazo dinámico e multifuncional. Conta con seccións dedicadas a temas tan diversos como cociña, ecoloxía, banda deseñada e feminismo, reflectindo a variedade de intereses e perspectivas da nosa comunidade educativa. Os libros están organizados por niveis e idiomas, facilitando o acceso ao material axeitado para cada estudante.

Ademais, o espazo ofrece novos espazos para revistas e xogos, unha zona de lectura informal onde os alumnos poderán relaxarse e desfrutar dun bo libro, e equipos informáticos con acceso a internet mediante rede wifi. Tamén hai un buzón de suxerencias para atender as inquedanzas e propostas dos estudantes. Para celebrar esta apertura, a EOI contará coa presenza da autora galega Irene Rega Jul que falará de Tecendo redes, que lle valeu o IV Premio Vilar Ponte de Novela 2022.

írene_rega
0.10063695907593