A Escola Municipal de Natación de Xove abre a inscrición para os cursos do primeiro semestre do ano 2024
AMariñaXa
A Escola Municipal de Natación do Concello de Xove abre a inscrición para os cursos do segundo semestre do ano 2022.
27 Nov 2023
A Escola Municipal de Natación de Xove abre a inscrición para os cursos do primeiro semestre do ano 2024, de xaneiro a xuño.
Esta inscrición para alumnos censados en Xove deberá facerse entre os días 4 e 5 de decembro en horario de 9.30 a 13.30 horas na aula Multideportiva Municipal, situada fronte á Residencia da 3ª Idade. A de alumnos de fóra de Xove será do 11 ao 12 de 9.30 a 13.30 horas no mesmo lugar.
Para calquera dúbida ou máis información será necesario chamar ao teléfono 609 134 320.