A Escola Municipal de Música de Xove abre o prazo de matrícula para o curso 2025-26

AMariñaXa
As prazas son limitadas e os interesados poderán recoller ou descargar o impreso de solicitude para formalizar a súa inscrición
Musica-Clasica
2 Sep 2025

O Concello de Xove anunciou a apertura do prazo de matrícula para a Escola Municipal de Música de Xove de cara ao curso 2025-26. Os interesados poderán recoller a ficha de solicitude no Rexistro do Concello ou descargala directamente desde a páxina web oficial, www.xove.es. Unha vez cuberta, a solicitude poderá entregarse no mesmo Rexistro ou a través da Sede Electrónica do Concello, mediante instancia xeral acompañada do impreso correspondente.

O Concello lembra que as prazas son limitadas, polo que se recomenda formalizar a inscrición canto antes para asegurar un lugar na Escola. Os admitidos e admitidas faranse públicos o día 6 de outubro, data na que se publicará o listado oficial de alumnado aceptado para o próximo curso.

A Escola Municipal de Música de Xove busca fomentar a formación musical entre a mocidade e as persoas de todas as idades, ofrecendo un espazo educativo onde desenvolver habilidades artísticas, disciplina e creatividade.

⚙ Configurar cookies
0.16801714897156