A Escola Municipal de Música de Ribadeo celebra o seu 30 aniversario cunha comida

AMariñaXa
Esta comida está aberta a todas as persoas que queiran asistir, independentemente de que pertenzan á comunidade escolar actual ou non
Escola-Musica-Ribadeo
4 Xuño 2024

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, continuando cos actos do trinta aniversario da súa creación, organiza unha comida de confraternidade para rematar o curso. O xantar terá lugar o 22 de xuño ás 14.30 horas no Restaurante Voar. Esta comida está aberta a todas as persoas que queiran asistir, independentemente de que pertenzan á comunidade escolar actual ou non.

O prezo do menú será de 36 euros para as persoas adultas e de 20 euros para menores de 12 anos. As inscricións poden facerse na Escola ou no propio restaurante ata o 17 de xuño. A dirección do centro convida a todos a participar nesta comida coa que celebrarán o seu trinta aniversario.

0.1463520526886