A Escola Municipal de Música da Pontenova abre o prazo de inscrición

AMariñaXa
A Escola Municipal de Música da Pontenova vén de abrir o prazo de matrícula para este novo curso, que será ata o 30 de xullo
instrumentos
18 Xul 2021

A Escola Municipal de Música da Pontenova vén de abrir o prazo de matrícula para este novo curso, que será ata o 30 de xullo e despois volverase abrir a partir do 1 de setembro e ata rematar prazas.

Existen diferentes materias de ensinanza na escola como linguaxe musical, armonía, acordeón, gaita, percusión, guitarra, baixo, piano e canto.

O prezo é de 20 euros por materia excepto en coro que son 12, e ademais existen reducións no caso de matrícula en máis dunha materia ou máis dun membro da familia matriculado.

As incricións poden facerse polas mañás na escola e solicitar máis informaicón no 650 348 123.

0.19156408309937