A escola infantil de Cervo celebra o fin de curso cunha excursión
AMariñaXa
Foi unha xornada de convivencia na Granxa do Souto, en Mera, na que participaron máis de 100 persoas
2 Xul 2024
Cervo programou unha excursión de fin de curso para as crianzas e as familias da Escola Infantil Municipal. Foi unha xornada de convivencia na Granxa do Souto, en Mera, na que participaron máis de 100 persoas, entre alumnado, docentes e familiares. Todas elas desfrutaron dunha divertida xornada de convivencia.
A comitiva pasou a mañá coñecendo a granxa e aos seus animais e gozou dun xantar ao aire libre. Foi unha xornada moi enriquecedora para todos, nenos, familias e persoal docente; e o mellor broche de ouro para esta tempada da Escola Infantil; un encontro que ademais serviu para fortalecer eses lazos de amizade entre os nenos fóra da súa tradicional contorna; experimentando novas actividades das que gozaron todos moitísimo.