A Escola do Chao de Alfoz será un Centro Interpretativo da Reserva da Biosfera Terras do Miño

AMariñaXa
A Escola do Chao no Concello de Alfoz converterase nun Centro Interpretativo da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
alfoz escola do chao xornadas
20 sep 2021

A Escola do Chao no Concello de Alfoz converterase nun Centro Interpretativo da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Así, iniciará a súa andadura con dúas xornadas, a primeira terá lugar o sábado 25 de 10.00 a 14.00 horas para promocionar o patrimonio natural, cultural, arquitectónico, etnográfico, etc; e novas actividades respetuosas co medio ambiente e o emprendemento sostible na Reserva da Biosfera.

A segunda xornada terá lugar o domingo 26 deste mes de 9.00 a 14.00 horas na que se levará a cabo un roteiro guiado pola Fervenza do Escouridal e Pena Abaladoira, que terá como punto de partida a Escola do Chao.

É preciso inscribirse previamente nos teléfonos 982 256 193 ou no 618 709 473. Para máis información tamén podedes contactar no seguinte mail: info@sogos.

alfoz escola do chao
0.15112590789795