A Escola de Teatro A Pontenova acollerá a obra O Misterio da Via Rexia
A Escola Municipal de Teatro A Pontenova prepara para o domingo 17 de xullo a obra O Misterio da Via Rexia, un espectáculo a cargo de Guillermo Cancelo.
Esta representación será na casa da cultura ás 20.30 horas e servirá de inauguración da tempada estival de actividades culturais.
A Escola Municipal de Música da Pontenova deu comezo como proxecto no ano 2003 e ao longo de todo este tempo sufriu transformacións de toda índole, ata que por fin en 2007 deixou de ser un proxecto para converterse nunha realidade.
O curso 2008 - 2009 comezou con grandes expectativas e cambios visibles. O primeiro deles, e probablemente o máis importante, é que o número de alumnos matriculados aumentou considerablemente en comparación con anos anteriores. Dato importante a ter en conta xa que é habitual que co paso do tempo o número de matrículas descenda.
Doutra banda cabe dicir que este curso regálanos unhas novas instalacións, dotadas de todo tipo de material necesario: aire acondicionado, salas independentes, mobiliario, instrumentación, etc.