A escola de saúde de Vegadeo organiza unha charla sobre estrés e ansiedade

AMariñaXa
A escola municipal de saúde de Vegadeo organiza para o vindeiro 26 de outubro unha charla sobre estrés e ansiedade
charla estres vegadeo 2022 1
23 Out 2022

A escola municipal de saúde de Vegadeo organiza para o vindeiro 26 de outubro unha charla sobre estrés e ansiedade que será impartida por Pedro Caunedo, especialista da área de psiquiatría.

Esta charla será ás 17.30 horas no salón de actos do Concello e invitan aos veciños a achegarse. Para participar será necesario anotarse chamando ao teléfono 985 634 022 ou 697 163 640 en horario de 9.30 a 13.30 horas.

charla estres vegadeo 2022
0.12242794036865