A escola de música de Lourenzá ofrece o seu primeiro concerto o día 2

TerraChaXa | AMariñaXa
29 Dec 2020

Despois de dous meses de curso e xa prácticamente rematada a primeira evaluación, os alumnos da escola de música de Lourenzá presentarán os coñecementos adquiridos nesta curta tempada cun concerto.

O que será o primeiro concerto da A.C. Banda de música de Lourenzá, terá lugar o día 2 de xaneiro de 2021 no salón de actos do Concello de Lourenzá ás 20.00 horas e contará con varias actuacións, nas cales destaca a estrea oficial da Banda de Música deste concello, formada prácticamente na súa totalidade por alumnos formados na escola de música.

0.16311597824097