A Asociación Usuarios Escola de Música Burela e o Concello organizan o un campamento musical
A Asociación Usuarios Escola de Música Burela e o Concello organizan o primeiro campamento musical Asuembu 2023. Esta cita será do 30 de xuño ao 2 de xullo.
Neste campamento o nexo constitúeo o interese común dos rapaces por la música. Búscase formar aos participantes mentres se divirten, tocando en grupo, a través de xogos, obradoiros, e diversas actividades.
Nel contarán con especialidades de corda fretada, vento madeira e vento metal. Ademais haberá un gran concerto final o domingo 2 de xullo ás 20.30 horas na casa da cultura de Burela.
O campamento está dirixido a nenos e nenas a partir de 8 anos. Non é preciso ter coñecementos profesionais previos de música xa que se partirá dun nivel de iniciación e adaptaranse todas as actividades aos máis pequenos
Para participar será necesario inscribirse antes do 1 de xuño cubrindo os documentos e mandandoos a asuembu@gmail.com. O campamento ten un prezo de 120 euros para non socios e 60 para os que xa o sexan.
Para calquer dúbida haberá que chamar ao teléfono 644 894 714.