A Escola de Cedofeita acollerá unha charla sobre o antienvellecemento

AMariñaXa
A cita está organizada pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia
medica-antienvellecimiento-ribadeo-charla-2025
29 Jan 2025

A medicina antienvellecemento centrará a charla que impartirá en Cedofeita o vindeiro 5 de febreiro José Antonio Flórez Lozano, catedrático da Facultade de Medicina e Ciencias da Universidade de Oviedo.

Será na Escola de Cedofeita ás 18:00 horas. A cita está organizada pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia. A súa responsable, Elena Sierra, explica que “o doutor Flórez Lozano falaranos do conveniente que é envellecer con humor. Ese é o mellor fármaco para a saúde e a lonxevidade. É unha conferencia coa que animará aos asistentes para vivir plenamente esta etapa da vida con desafíos, expectativas, ilusións, traballo, esforzo e superación”.

E engade: “xa tivemos a sorte de recibir en Ribadeo, no Salón dos Alcaldes do Concello, ao doutor Flórez Lozano o pasado mes de decembro e agora queremos achegar os seus consellos e a súa sabedoría a Cedofeita. Animamos a asistir a esta charla, que terá lugar o vindeiro mércores, 5 de febreiro”.

0.11987495422363