A EOI de Viveiro celebra os seus 30 anos con varias actividades
A EOI de Viveiro Luz Pozo Garza cumpre 30 anos neste 2024 e ten programada unha serie de actos para conmemorar esta efeméride. Trátase dunha semana de portas abertas chea de actividades culturais nos diferentes idiomas impartidos na escola para que o público en xeral poda achegarse a coñecer mellor a institución e a labor docente.
As devanditas actividades terán lugar na derradeira semana de novembro, dedicando cada día a unha lingua e a súa cultura (ao longo de todo o día). Así pois, o luns 25 será o día de alemán (visionado dunha película e xogos); o martes 26 será o día de francés (xogos e obradoiro de crêpes); o mércores 27 será o día de inglés (típico almorzo inglés, concursos, cerimonia do té e outros xogos); e o xoves 28 será o día de italiano (xincana e obradoiro de pasta).
Para rematar a semana, o venres 29 terá lugar a celebración do 30 aniversario e contaremos coa presenza de autoridades educativas, antigos compañeiros e todas aquelas persoas que se queiran achegar.