A Enfariñada triunfou entre a veciñanza trabadense
O concello de Trabada desfrutou dunha nova edición da súa Festa Gastrónomica da Enfariñada. Este prato tradicional está elaborado con torreznos, ovos, fariña e auga.
Esta cita, na que se repartiron 500 racións e que chegou a súa cuarta edición, deu comezo ás 12.00 horas con pasarrúas a cargo do Cuarteto Seimeiro, acto seguido, Airiños da Freba, e xa pola tarde a esperada actuación de Luar na Lubre.
Durante a xornada os asistentes desfrutarán dun mercado de produtos locais de proximidade e por suposto do protagonista da cita, a enfariñada. Os asistentes poderán degustalo tal e como facían as avoas trabadenses lentamente e co cariño.
O presidente da Deputación, José Tomé Roca, xunto á alcaldesa de Trabada e tamén Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, compartiu coa veciñanza e os visitantes da localidade a celebración da Enfariñada.