A EMMeD de Ribadeo celebrao o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia

AMariñaXa
A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo celebra o mércores, 24 de novembro, o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia
concerto santa ceclia ribadeo 1
23 Nov 2021

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o mércores, 24 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos. Esta será a primeira actividade que realiza neste curso escolar.

Polo escenario pasarán alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras que van desde Piazzolla ata música popular galega. Agrupacións de vento, tecla, danza, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.

Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o vindeiro 18 de decembro no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participará a maioría do alumnado do centro.

concerto santa ceclia ribadeo

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20868587493896