A elección da Raíña do Entroido de Foz será o día 22

Foz
AMariñaXa
A elección da Raíña do Entroido de Foz será o día 22. Este acto na vila mariñá será a partir das 19.30 horas no Campo da Cabana
1 Asociacion o noso foz.jpg raina foz 2023
10 Out 2022

O vindeiro 22 de outubro será a esperada elección da Raíña do Entroido de Foz 2023.

Este acto tan tradicional na vila mariñá será a partir das 19.30 horas no Campo da Cabana e para asistir haberá que mercar a entrada que ten un prezo de 2 euros.

A cita comezará co concurso de elección sobre as 20.00 horas e ás 22.00 horas será o comezo da festa coa actuación de Eventec. Acto seguido, a medianoite anunciarase a elexida.

Para acompañar esta festas servirase un menú de polbo, xamón cocido, churrasco e sobremesa.

Dende a organización piden que se leve disfraz para estar en sintonía coa festa.

Asociacion o noso foz
0.088924169540405