A EEI califica de excelentes as augas do baño da costa de Lugo
A costa de Galicia é a zona de España con maior número de zonas de baño calificadas como excelentes pola Axencia Europea do Medio Ambiente e só o río Parga, en Guitiriz, está sinalado como punto de baixa calidade da auga para bañarse na comunidade autónoma.
O privilexio das augas galegas percíbese no dato de que as 400 zonas que gozan desta etiqueta no litoral galego case dobran ás seguintes áreas con maior apreciación das súas augas, que son as concas mediterráneas andaluzas e as internas de Cataluña.
Así figura no informe desta axencia que opera co distintitvo EEA polas súas siglas en inglés. No informe elaborado polo organismo, o 88,5% dos puntos analizados teñen a consideración de excelente mentres que o 6,8% son boas, o 1,7% suficiente e o 0,8 pobre.
Neste último apartado está o río Parga, a única zona da xeografía galega sinalada en vermello no mapa da EEA, que califica de excelente a maior parte das áreas de baño da costa galega.
A costa de Galicia, a zona de España con mellor calidade da auga para bañarse
En total, a EEA analizou en España 2.239 augas de baño en 2020, das cales a gran maioría eran áreas costeiras (2.239 casos) e 270 era zonas de baño interiores. No exercicio recolléronse 12.171 mostras para avaliar a calidade das augas de baño españolas.
En calquera caso, a calidade das augas de baño costeiras en España é superior ás das augas de baño interiores: un 94,4% das primeiras teñen unha cualificación de "excelente" no informe, mentres que no segundo caso, a porcentaxe diminúe ata o 52,2%.
Podes consultar o mapa neste enlace.