A documentación recabada nas consultas do Central Hidroeléctrica do Xistral foi entregada á promotora

AMariñaXa
O Ministerio deu traslado da documentación recabada nesta fase de consultas previas á empresa promotora da central hidroeléctrica Xistral
eolicos
19 Maio 2022

O Ministerio deu traslado da documentación recabada nesta fase de consultas previas á empresa promotora.  Chegados a este punto, a empresa tería que correxir o proxecto tendo en  conta todo o aportado ou desistir do mesmo.  

Segundo a información da que dispón a Plataforma, "entendemos que é moi difícil que este proxecto, ou outro similar, sexa viable".  

"Agardamos nos próximos días resposta da empresa promotora e comunicación oficial  de que este proxecto finalmente non sei vai levar a cabo, xa que como ben dixo o seu  representante publicamente, independentemente dos informes, nunca iría en contra  da veciñanza", din dende a plataforma.  

E como xa quedou demostrado na manifestación do pasado 13 de marzo, a  veciñanza non quere a Central Hidroeléctrica Reversible do Xistral.  De todos os xeitos, dende a Plataforma seguen en alerta de calquer movemento  que poida sucederse a partires de agora. 

0.16505289077759