A dirección e o comité de Alcoa reúnense en Madrid para falar da situación actual da fábrica

AMariñaXa
A dirección de Alcoa convocou ao comité de empresa a unha reunión o vindeiro mércores, día 28, en Madrid, a partir das 12,30 horas.
Alcoa  mellora da eficiencia enerxetica
24 sep 2022

A dirección de Alcoa convocou ao comité de empresa a unha reunión o vindeiro mércores, día 28, en Madrid, a partir das 12,30 horas e de maneira presencial.

Este encontro producirase nun escenario de alza dos prezos que afecta á planta de alúmina situada en San Cibrao, en Cervo, e que obrigou a reducir á metade a súa produción.

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, apuntou a semana pasada aos "problemas bastante graves" que afronta a planta de alúmina polo actual custo do gas e comunicou que durante a visita dos parlamentarios á planta conseguiron o compromiso do presidente de Alcoa, Álvaro Dorado, para facer esta xuntanza.

Esa foi, entre outras, unha das cuestións que abordou a última comisión de seguimento da situación da factoría da Mariña.

0.15946412086487