A Devesa celebra a súa I Comida Veciñal o 13 de abril

AMariñaXa
A xornada incluirá sesión vermú, sorteos e gran baile, cun menú que contará cunha saborosa fabada e costela asada
a-devesa-comida-vecinal-barreiros-2025
19 Mar 2025

O vindeiro domingo 13 de abril, a Explanada do Círculo Habanero de A Devesa acollerá a primeira edición da Comida Veciñal organizada pola Asociación de Veciños de A Devesa. A cita, que comezará ás 13:30 horas, contará cunha sesión vermú amenizada por Verónica Cambón, antes de dar paso á comida servida polo catéring Chao de Brea, que terá lugar ás 14:30 horas.

O menú, composto por fabada, costela asada con guarnición, sobremesa, café e bebidas, promete ser unha deliciosa oportunidade para compartir un día de lecer e convivencia. O prezo do xantar será de 25 euros, e os nenos e nenas menores de 6 anos poderán asistir de forma gratuíta, mentres que os de entre 6 e 12 anos terán un desconto e pagarán só 12 euros.

Ademais da comida, a xornada contará con sorteos e un gran baile para rematar o evento, todo a cargo de Verónica Cambón. As entradas xa están á venda e poderán adquirirse nos días 16, 23 e 30 de marzo, e tamén o 6 de abril, no Círculo Habanero, entre as 12:00 e as 14:00 horas. O prazo para reservar remata o 6 de abril. Para máis información, tamén se pode contactar no teléfono 682 06 57 07.

⚙ Configurar cookies
0.078493118286133