A despenalización do aborto chega a Foz en forma de documental

AMariñaXa
 O 18 proxectarase o documental En deuda con todas. Unha historia sobre a penalización do aborto en El Salvador na Casa  da Cultura de Foz
documental Deuda con todas 1
17 Xuño 2021

O 18 de xuño proxectarase o documental  En deuda con todas. Unha historia sobre a penalización do aborto en El Salvador na Casa  da Cultura de Foz, ás 20.30. Esta acción está organizada pola Asemblea de Cooperación  pola Paz Galicia en colaboración co Observatorio da Mariña pola Igualdade. 

En deuda con todas. Unha historia sobre a penalización do aborto en El Salvador é un  documental social, tan duro como necesario, cun obxectivo político: chamar a atención  sobre a vulneración de dereitos que sofren as mulleres salvadoreñas e contribuír á loita dos  colectivos feministas que esixen unha lexislación que non vulnere os Dereitos Humanos e  garanta o acceso a unha saúde sexual e reprodutiva libre de prexuízos ideolóxicos. 

No documental escóitanse as voces de dúas mulleres privadas de liberdade, que falan  desde o cárcere, e de catro mulleres ex-privadas de liberdade que, tras sufrir abortos  espontáneos, foron condenadas por homicidio. Co seu relato poñen de manifesto como a  lexislación salvadoreña vulnera os Dereitos Humanos penalizando todo tipo de aborto e  imposibilitando a interrupción do embarazo incluso en caso de risco de vida da nai, o feto  ou de xestacións forzadas froito de abusos. 

Este audiovisual foi realizado en 2019 froito da colaboración entre ACPP Galicia, Agareso  (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social) e Aprocsal (Asociación de  Promotores Comunales Salvadoreños). 

documental Deuda con todas
0.15647101402283