A Deputación xera 56 novos postos de traballo na provincia co Tecendo Emprego

TerraChaXa | AMariñaXa
O presidente, Darío Campos Conde, e a deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, informaron sobre a resolución en Xunta de Goberno dos 41 colectivos sociais da provincia que resultaron beneficiados do Tecendo Emprego e dos 56 perfís profesionais que solicitan.
A Deputación xera 56 novos postos de traballo na provincia co Tecendo Emprego
9 Feb 2019

O presidente, Darío Campos Conde, e a deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, informaron sobre a resolución en Xunta de Goberno dos 41 colectivos sociais da provincia que resultaron beneficiados do Tecendo Emprego e dos 56 perfís profesionais que solicitan. Tecendo Emprego é o pioneiro plan laboral da Deputación na provincia, pois busca favorecer a contratación de veciños no paro con maiores dificultades para atopar traballo, como mozos sen experiencia ou maiores de 50 anos; e reforzar o labor social que desenvolven o tecido asociativo lugués.
Campos Conde explicou que as 41 asociacións recibirán axudas da Deputación de entre 18.000 a 24.000 euros para asumir os custos laborais durante 1 ano dos traballadores. Estes colectivos demandan 56 perfís profesionais en distintos sectores.
En base as súas solicitudes 31 están dirixidos a lucenses no paro menores de 35 anos e sen experiencia laboral (o 55% do total de empregos); 19 para veciños de 30 a 50 anos en xeral (35%) e 6 para maiores de 50 (10%).
Os 41 colectivos da provincia que resultaron beneficiados desenvolven unha actividade social moi variada: ofrecen atención profesional a lucenses con discapacidade, enfermidades mentais, autismo ou alzheimer; á muller en distintos ámbitos; ou mesmo a profesionais de sectores punteiros como o lácteo ou o forestal.
Tamén demandan profesionais de diversos perfís: educadores sociais, licenciados en Psicoloxía, ADE, Pedagoxía, Enxeñería Agrícola; administrativos; mestres; terapeutas ocupacionais, técnicos especializados en dependencias ou en explotacións gandeiras.
 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15774512290955