A Deputación remata obras en Cabanas e Riobarba, no Vicedo

TerraChaXa | AMariñaXa
Unha achega da Deputación de 105.
8 Mar 2019

Unha achega da Deputación de 105.000 euros permitiu a realización das obras de mellora da LU-P-6402, do Vicedo, pola Cruz da Pardiñeira e Cristo da Portapena, ao ramal de acceso á LU-P-6401. Estes fondos permitiron renovar o firme da vía nun treito de 3,5 quilómetros, beneficiando directamente a máis de 100 veciños das parroquias de Cabanas e Riobarba.

Os traballos, consistentes na limpeza de cunetas, rehabilitación do firme con aglomerado en quente e mellora da sinalización horizontal e vertical, leváronse a cabo nun treito de 3,5 quilómetros, do punto 9,3 ao 12,8.

0.17483115196228