A Deputación inviste na mellora do campo de fútbol de adestramento de Lourenzá

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, supervisou este martes as obras de dotación de céspede artificial ao campo de fútbol de adestramento de Lourenzá, que contan cun investimento da institución provincial de 255.
Captura de pantalla 2020 02 14 a las 8.43.46
22 Oct 2020

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, supervisou este martes as obras de dotación de céspede artificial ao campo de fútbol de adestramento de Lourenzá, que contan cun investimento da institución provincial de 255.000 euros. Fíxoo durante a visita que realizou esta mañá ao municipio, xunto á Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e a Alcaldesa, Rocío López García.

José Tomé explicou que Lourenzá conta con dous campos de fútbol -un para disputar partidos e outro de adestramento- que teñen céspede natural, feito que limita as horas de emprego. “Para favorecer a práctica deportiva dos máis de 100 rapaces de distintos equipos e categorías que usan estas instalacións a diario, dótase de herba artificial a un deles”, subliñou Tomé Roca, quen enmarcou esta colaboración económica no compromiso da institución coa cooperación cos concellos para dotar e mellorar os servizos públicos dos veciños e veciñas”, subliñou o Presidente.

Os traballos, que se están levando a cabo actualmente, consisten no movemento de terras e escavación en baleirado para a instalación do firme e dos pavimentos; drenaxe con canaletas nos laterais do campo, tubaxes de PVC e arquetas de fábrica de ladrillo, e  bordos de formigón nos fondos do campo. En canto á pavimentación, esta levará un tratamento superficial de base herbicida e base de zahorra artificial de 20 cm.

Así mesmo, dotarase dunha rede de rego con aspersores emerxentes, depósito prefabricado enterrado de 20m3 e un grupo de bombeo. Por último, instalarase unha estrutura para balóns de 6ms de altura e 4 picas de córner. As obras estarán rematadas a finais de novembro.

Máis actuacións na Casa da Xuventude

O Presidente visitou tamén a Casa da Xuventude de Lourenzá, pois a Deputación vén de asinar un convenio de colaboración co Concello por valor de 50.000 euros para realizar melloras na fachada do edificio. Concretamente, as actuacións consistirán na súa impermeabilización para acabar coas filtracións de auga. Estas obras son moi importantes porque no inmoble sitúase o PAI (Punto de Atención á Infancia) da localidade e tamén se desenvolven actividades para a veciñanza ao longo do ano. O convenio tamén inclúe a construción dun depósito de auga contra incendios en Cadros, na parroquia de Santo Tomé, para combater lumes forestais.

Obras co Parque Móbil

Tamén en Lourenzá, a Deputación de Lugo realizou melloras en 23.000 m2 de pistas, camiños e accesos nas parroquias de Santo Tomé e San Adriano. Estes traballos consistiron na emulsión dun triplo rego asfáltico, que se realizou cos medios do Parque Móbil, dependente de Xestión Territorial, área da que Tomé Roca é responsable directo. O valor no mercado destes labores ascende a uns 153.000€, unha importante cantidade económica que a institución provincial aforrou ao Concello para poder investir noutras necesidades da localidade.

 

Captura de pantalla 2020 02 14 a las 8.45.21
0.16751503944397