A Deputación financiará as actividades de dinamización infantil de Lourenzá con 25.000 euros

AMariñaXa
Ademais, na Xunta de Goberno aprobouse unha addenda de modificación no convenio de colaboración co concello da Pontenova para a compra dun camión recolector
xunta-de-Goberno-estradas-provincias
19 Out 2024

A Xunta de Goberno da Deputación aproba un acordo co municipio de Lourenzá para financiar o programa Actividades de Dinamización Infantil Tempo de Lecer. A institución provincial destinará 25.000 euros á entidade local para desenvolver durante os meses de xuño, xullo e agosto un amplo e variado programa cultural e de lecer, co obxectivo “de facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares, pois permitirá ao concello lourenzá ofrecer 258 prazas para os máis pequenos da casa”, explicou Pablo Rivera.

Ademais, na Xunta de Goberno aprobouse unha addenda de modificación no convenio de colaboración co concello da Pontenova para a compra dun camión recolector compactador de residuos, que inclúe un anticipo do 10 % sobre un orzamento total de 160.000 euros para axilizar o proceso. Tamén, saíu adiante a licitación do contrato de subministro de papel de fibra virxe, necesario para os distintos departamentos provinciais, cun orzamento de 13.000 euros, e un ano de
duración sen posibilidade de prórroga.

0.18158793449402