A Deputación financiará a compra dunha desbrozadora no Concello de Foz

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A área de Medio Rural colaborará co Concello de Foz na adquisición de maquinaria desbrozadora para o mantemento das zonas verdes e dos núcleos rurais do municipio.
70407502_2367992326589187_6871505678515568640_n
8 Oct 2020

A área de Medio Rural colaborará co Concello de Foz na adquisición de maquinaria desbrozadora para o mantemento das zonas verdes e dos núcleos rurais do municipio.

A deputada Mónica Freire Rancaño anunciou hoxe unha achega de 17.100 euros para a compra do equipo, dotado con corte combi e desbrozador, a través dun convenio asinado co primeiro tenente de alcalde e responsable de Patrimonio, Medio Ambiente, Medio Rural e do Mar, Francisco Xavier Fanego Bermúdez.

“Desde a área de Medio Rural da Deputación de Lugo estamos a facer un esforzo para que os concellos poidan disponer dos medios suficientes para o mantemento das zonas rurais e a conseguinte prevención e extinción de incendios” explicou a deputada nacionalista.

Xavier Fanego detallou que “se trata dun equipo de desbroce demandado polo persoal de xardinería do Concello e moi necesario para realizar de forma eficiente as tarefas de limpeza e mantemento de espazos públicos”. Segundo explicou, “conta cun cabezal desbrozador que pode traballar en zonas de vexetación dura, a carón dos paseos marítimos, onde ata agora empregaban o tractor desbrozador, que ten demasiada carga de traballo”.

0.14968013763428