A Deputación esixe á Xunta que complete os pagos pendentes da PAC

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Deputación de Lugo esíxelle á Xunta de Galicia que complete canto antes os pagos da PAC pendentes de cobro polos gandeiros e gandeiras da provincia para que reciban xa a totalidade dos 180 millóns de euros que lles corresponden.
26 Dec 2023

A Deputación de Lugo esíxelle á Xunta de Galicia que complete canto antes os pagos da PAC pendentes de cobro polos gandeiros e gandeiras da provincia para que reciban xa a totalidade dos 180 millóns de euros que lles corresponden. Así se acordou no Pleno deste martes logo dunha moción socialista que contou cos votos a favor do PSdeG e do BNG e coa abstención do PP.

A voceira socialista do Goberno e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, defendeu esta iniciativa e puxo o foco en que grazas ás xestións do Goberno de España, que tivo en conta as necesidades dos gandeiros e a situación que vive o sector dende o inicio da guerra de Ucraína, os gandeiros e gandeiras poderían ter cobrado xa en outubro arredor de 130 millóns de euros como adianto do total a percibir. “Pero eses pagos atrasáronse porque a Xunta non foi capaz de facer en tempo e forma os controis administrativos precisos para poder tramitar eses fondos”.

A situación xerada “arredor dos atrasos no cobro das axudas do primeiro piar da PAC é un exemplo da mala xestión, do desinterese, da incapacidade e da falla de preocupación da Xunta polos gandeiros lucenses e galegos”, subliñou García Porto. Denunciou que a Xunta ten xestionado ata o de agora “só 48 dos 180 millóns de euros”, “e iso cando o Goberno do Estado fixera todas as xestións para acadar que a Unión Europea adiantase un 70% desa cantidade, 130M€”, e cualificou ao Executivo galego de “incapaz” e de “ineficaz”.

Subliñou a deputada a importancia de defender o sector primario, “do que a gandería é parte fundamental, tanto polo seu impacto económico, como polo seu compoñente sociocultural e como vía desenvolvemento do rural cara ao futuro”.

A moción aprobada recolle tamén que a Xunta adopte as medidas necesarias para mellorar a xestión administrativa e garantir que os gandeiros e gandeiras poidan cobrar os anticipos completos e que adiante canto antes información sobre as axudas de Agroambiente e Clima correspondentes a 2023, que lle compete xestionar á Xunta.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.096068859100342