A Deputación de Lugo impulsa en Lourenzá as xornadas Maragatacasa Fala 2025

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, participou o venres en Lourenzá na inauguración das xornadas Maragatacasa Fala 2025, un evento que pretende afondar na sociedade, cultura e economía maragata. As actividades continúan hoxe cun programa que inclúe, entre outras propostas, unha conferencia de Vidal Martínez-Sierra, Presidente do GDR Terras de Miranda, sobre “O Camiño de Santiago en Astorga e A Maragatería”.
Durante o acto, Carmela López subliñou o apoio da Deputación de Lugo a este encontro, canalizado a través do Concello de Lourenzá cunha achega económica de 2.000 euros. A deputada lembrou que “poucos episodios da nosa historia local son tan singulares e ao mesmo tempo tan descoñecidos como a presenza maragata na comarca”. López destacou que iniciativas como esta permiten “redescubrir esa herdanza e valorala como parte viva do noso patrimonio cultural”.