A Deputación colaborará no programa de homenaxe á mestra mindoniense na emigración Andrea López Chao

TerraChaXa | AMariñaXa
A Deputación de Lugo colaborará no programa de homenaxe  á mestra mindoniense na emigración Andrea López Chao.
mestra emigracion mindoniense Andrea Lopez Chao
17 Mar 2023

A Deputación de Lugo colaborará no programa de homenaxe  á mestra mindoniense na emigración Andrea López Chao. A vicepresidenta, Maite Ferreiro, mantivo unha reunión coa comisión organizadora das xornadas homenaxe á mestra mindoniense na emigración Andrea López Chao.

Os representantes da comisión  - Jose Luis Fernández Ansedes, da Asociciación Abrindo Camiño, o escritor e cronista oficial de Mondoñedo Antonio Reigosa, o antropólogo e investigador da USC Daniel Vázquez e o concelleiro mindoniense Eloi Cabanas - expuxeron as liñas xerais do proxecto,  que pretende visibilizar e divulgar a súa vida e obra na docencia, na labor societaria e na defensa dos dereitos das mulleres, con diferentes actividades, a desenvolver entre La Habana, Mondoñedo e Vilalba desde o vindeiro 29 de marzo.

A Deputación colaborará na documentacion e difusión das xornadas que se celebren no marco deste proxecto que, de forma complementaria, afondará  nas achegas e legadas das mulleres galegas emigradas a Cuba e na actividade cultural e social das entidades da emigración galega.

As actividades programadas comezarán o vindeiro 29 de marzo cun coloquio e exposición en La Habana e continuarán con xornadas  homenaxe o 30 de xuño e o 1 de xullo, en Mondoñedo, e o 2 de xullo, en Santaballa, en Vilalba.

Nada en Mondoñedo en 1874, Andrea López Chao emigrou a Cuba en 1904 despois de gañar por oposición  a praza de directora do Plantel Educativo do Centro Galego da Habana. Foi a primeira muller Vicepresidenta da Sociedade “Hijas de Galicia” e como representante deste colectivo, que chegou a perto de sesenta mil asociadas, participou no “I Congreso de Mulleres de Cuba” celebrado en 1923.

Partipou na creación en 1917 da Sociedade “Hijas de Galicia” para axudar, acoller e asistir  sanitariamente  as mulleres galegas emigradas en risco de  exclusión social e para elo impulsa en 1924 a creación do Hospital e posteriormente do Balneario de “Hijas de Galicia- Concepción Arenal”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16319608688354