A Deputación colabora no Ribadeo Indiano e na reforma do Forte de San Damián

AMariñaXa
"No próximo vanse cumprir dez anos, polo tanto tamén queremos facer algo moi significativo", di Dani Vega
convenio-deputación-ribadeo
17 Out 2024

A deputada de Cultura Iria Castro e o alcalde de Ribadeo Daniel Vega abordaron a colaboración que a área
provincial mantén co Concello nunha reunión mantida esta mañá no Pazo de San Marcos. No acto, asinouse o convenio relativo ao Ribadeo Indiano, que na edición deste ano contou cunha achega de 20.000 euros, destinados, dacordo coa memoria que presentou o Concello,  ao financiamento da programación musical do evento, que pon en valor e dá a coñecer a forte pegada histórica e cultural en Ribadeo da emigración a América de finais do século XIX e comezos do XX.

Na xuntanza, na que participaron as concelleiras de Comercio e Turismo Marta Saiz e a concelleira de Benestar Social Elena Sierra, tamén se abordou a marcha do proxecto de reforma do Forte de San Damián, que conta  cunha achega de 150.000 euros, distribuídas en dúas anualidades, cun investimento de 60.000 euros en 2023 e de 90.000 euros en 2024. Iria Castro amosou  “a disposición da área de Cultura a seguir colaborando co Concello de Ribadeo, ao igual que se fai co resto de  concellos da provincia, a partir de propostas axustadas ao orzamento da área de Cultura, tendo en conta que os concellos dispoñen do Plan Deputación para financiar as actuacións que consideren”  e lembrou que “o Concello de Ribadeo ten asignados nesta anualidade 453.000 euros”

O alcalde, Dani Vega, fixero referencia á historia do Ribadeo Indiano. "No próximo vanse cumprir dez anos, polo tanto tamén queremos facer algo moi significativo, algo de importancia e poñer de releve un evento cultural, un evento reivindicativo da nosa tradición indiana como Ribadeo pobo acolledor, pedimos que colabore a Deputación con 50.000 euros”. O rexedor trasladou o seu agradecemento á institución provincial "pola colaboración que está tendo ata o de agora, pero queremos incrementar esa participación por parte da Deputación e queremos facer cousas nese décimo aniversario de máis releve e necesitamos evidentemente máis orzamento”. Tamén lle trasladaron unha proposta para seguir colaborando coas actividades culturais referíndose ás presentacións de libros que están a ter e tamén ás actividades culturais relacionadas co benestar social e coas actividades nas parroquias.

 

0.17198514938354