A Deputación colabora melloras na rede viaria e de saneamento en Vileimil, na Pontenova

AMariñaXa
A Deputación colabora melloras na rede viaria e de saneamento en Vileimil, na Pontenova.achega 50.000 euros para a realización das obra
A Pontenova concello
12 Dec 2022

A Deputación de Lugo colaborará no financiamento de obras de mellora na rede viaria e no saneamento en Vileimil, no Concello da Pontenova. 

As actuacións previstas inclúen unha mellora integral das infraestruturas e servizos municipais en Vileimil, na parroquia de Vilaboa. Así, o convenio contempla obra de renovación da rede de abastecemento de auga, co obxectivo de evitar as frecuentes roturas que se producen pola antiguidade das tubaxes.

Tamén inclúe a renovación da rede de saneamento, cun funcionamento deficiente ao acumular augas residuais e pluviais. Un dos aspectos a corrixir será o rasante dos camiños, que ven provocando que, en momentos de choiva forte, a auga afecta as edificacións pegadas aos viais. As obras completaranse cunha nova pavimentación do firme dos accesos e camiños.

O investimento total nas obras será de case 300.000 euros, "un contía moi importante para un Concello desas dimensións, que dificilmente podería levarse a cabo sen colaboración entre administracións”, din dende o ente local, e, nese sentido, incidiu  “no compromiso da Deputación con actuacións que contribúan a manter e mellorar infraestruturas e servizos imprescindibles para a calidade de vida da veciñanza”. 

O convenio habilita ao Concello para comezar a executar as obras desde comezos do mes de xaneiro. 

0.16494488716125