A Deputación cede terreos ao Concello de Trabada para un polígono industrial

AMariñaXa
A Deputación cede ao Concello de Trabada 68.392ms2 de terreos coa finalidade da creación dun polígono industrial
concello trabada
29 Dec 2021

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou a cesión gratuíta ao Concello de Trabada da titularidade de seis parcelas provinciais de solo rústico que suman unha superficie total de 68.392 metros cadrados coa finalidade de desenvolver un polígono industrial ou agroforestal, tal e como explicou a Deputada e tamén alcaldesa da localidade mariñá, Mayra García Bermúdez.

“Dende o Concello queremos aproveitar os recursos que chegan de Europa para paliar a crise sanitaria que estamos vivindo e da que aínda non nos recuperamos” para impulsar a creación dun polígono en Trabada. “En calquera convocatoria que se fai, o primeiro que se solicita é a dispoñibilidade dos terreos, que teñen que certificar os secretarios municipais. Polo tanto, con este acordo podemos acreditar esa dispoñibilidade e por iso vén a aprobación a este Pleno”, explicou Mayra García, quen detallou que xa no mes de outubro “solicitamos fondos do programa Next Generation promovido polo Estado, en concreto, dentro do plan de apoio ao comercio para concellos de menos de 5.000 habitantes, e tamén concorremos a outras liñas de fondos europeos”.

0.15487504005432