A Deputación axudará a arranxar cinco rúas ribadenses

AMariñaXa
O Concello recibe unha importante achega da Deputación para arranxar cinco rúas. Esta axuda ascende a 285.000 euros
estrada fochanca
11 Dec 2021

O Concello recibe unha importante achega da Área de Medio Rural da Deputación para arranxar cinco rúas. Esta axuda ascende a 285.000 euros e servirá para actuar en 5 rúas: Camiño da Pega, A Pega-Camiño do Cemiterio, Camiño da Ponte da Pega, Rúa do Río de Amalló e Veigadaira.

Os traballos centraranse na renovación do pavimento e das redes de abastecemento e saneamento e estas actuación realizaranse nos vindeiros meses.

0.20611119270325