A Deputación aproba novas obras do Plan Único por 45.600 euros en Viveiro e Muras

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto, anunciou que a Deputación aprobou dúas solicitudes, unha do Concello de Viveiro e outra do de Muras, para destinar a novas obras os 45.
11 sep 2019

A voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto, anunciou que a Deputación aprobou dúas solicitudes, unha do Concello de Viveiro e outra do de Muras, para destinar a novas obras os 45.600 euros de remanentes que lles quedaron a estas entidades locais tras adxudicar as actuacións financiadas con cargo ao Plan Único 2018, tal e como permiten as bases deste programa de investimentos.

No caso de Viveiro, o importe total dos remanentes é de 33.120 euros, que se destinarán á reposición de beirarrúas e firme de rodadura entre os números 10 e 16 da avenida de Vilalba. Para poder executar este novo proxecto, o Concello de Viveiro solicitou unha prórroga do contrato, que lle foi concedida. Teñen de prazo ata o 15 de novembro deste ano para executar as obras, e ata o 30 dese mesmo mes para xustificalas. 

Pola súa banda, no caso do Concello de Muras, o investimento con cargo a remanentes é de 12.500 euros, unha contía que se vai investir en obras de conservación no cemiterio municipal desta localidade. 

0.17518091201782