A Deputación aposta polo deporte inclusivo cunha marcha ciclista

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Deputación de Lugo acolleu a presentación da segunda etapa da Marcha Ciclista Unificada organizada por Special Olympics Galicia, que se celebrará o vindeiro 4 de outubro.
Captura de pantalla 2019 09 26 a las 10.35.02
27 Sep 2019

A Deputación de Lugo acolleu a presentación da segunda etapa da Marcha Ciclista Unificada organizada por Special Olympics Galicia, que se celebrará o vindeiro 4 de outubro. A ruta, de 28,8 quilómetros, discorrerá entre Sarria e A Pobra de San Xiao, no concello de Láncara. 

Deportistas da Fundación Eu Son (Burela), As Burgas (Ourense), Espurna (Valencia), Esportiu (Barcelona) e Aspronaga (A Coruña) participarán na proba coa colaboración de adestradores das distintas entidades e do Club Cliclista DHG Sarria. En total, o pelotón sumará 55 participantes, que contarán co apoio de 12 membros da organización e persoal de Protección Civil,Cruz Vermella, Policia Local e 061.

A Área de Deportes achega 4.000 euros para a desenvolvemento desta volta ciclista coa que Special Olympics Galicia,  unha entidade sen ánimo de lucro que traballa na inclusión das persoas con discapacidade intelectual, promove o deporte unificado, no que os atletas, na súa diversidade, participan xuntos.

O presidente de Special Olympics, Eladio Fernández,  destacou que a Deputación de Lugo é “a entidade provincial que máis contribúe á organización da proba”, con rutas en todas as provincias. Fernández lembrou que “a idea de incorporar o ciclismo á axenda deportiva de Special Olympics xurdiu en Lugo, e que logo se extendeu a Santiago, Ourense e Pontevedra”.

O Deputado de Deportes, Efrén Castro, sinalou que “supón un orgullo pertencer a comarca de Sarria e ver como cando se organizan eventos para persoas con capacidades especiais se implican todos os axentes sociais e tamén estar na Deputación de Lugo e que sexa esta institución a que encabeza a colaboración con estes iniciativas”.

Rutas

1ª Etapa: Baños de Molgas. 3 de outubro (17,2 quilómetros)

2ª Etapa: Sarria-A Pobra de San Xiao. 4 de outubro (28,8 quilómetros)

3ª Etapa: Santiago de Compostela. 5 de outubro (13 quilómetros)

4ª Etapa: Vilagarcía de Arousa. 6 de outubro (13 quilómetros)

Ademais da Marcha Ciclista Unificada, Special Olympics desenvolve ao longo do ano un amplo programa de actividades deportivas co que pretende poñer o foco sobre as capacidades das persoas que participan nelas e amosar que, cos apoios adecuados, todas e todos somos capaces de participar na sociedade en igualdade de condicións.

O programa inclúe diferentes disciplinas, desde fútbol sala, baloncesto, atletismo, campo a través ou natación ata petanca. En maio pasado celebraron en Sarria os Xogos de Campo a través e Petanca. O vindeiro 9 de novembro organizarán os Xogos de Natación no complexo deportivo das Pedreiras, en Lugo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17837715148926