A Deputación achega 335.000 euros a Viveiro para que poida sacar adiante os seus Orzamentos
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar coa alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, un convenio de colaboración por importe conxunto de 1,125 millóns de euros para que o Concello mariñán poida sacar adiante os seus Orzamentos. En concreto, a institución provincial achegará 350.000 euros e o Concello, 775.000 euros.
Un acordo que fará posible, entre outras cuestións, o pago de servizos fundamentais para a veciñanza de Viveiro, como a Axuda no Fogar ou os destinados a financiar as actividades do tecido asociativo. A alcaldesa explicou que grazas a este acordo, o Goberno levará ao próximo Pleno os Orzamentos 2024, polo que se trata de unha cuestión “moi importante e nos permite regularizar os pagos a clubs e asociacións, que fan un gran traballo na nosa vila”. Detallou ademais que o convenio inclúe outras partidas importantes para servizos como a limpeza viaria ou o alumeado público.
“Tras meses de xestións pola miña parte coa institución provincial, este acordo é moi importante e nos permite regularizar os pagos a clubes e asociacións, que fan un gran traballo na nosa vila”, explica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. Loureiro agradece “a receptividade da Deputación de Lugo e do seu presidente, José Tomé, ás miñas demandas, que son as dos veciños e veciñas de Viveiro”.