A Deputación achega 14.000 euros á Asociación Nenos Ponte dos Santos

AMariñaXa
O presidente, José Tomé Roca, asinou coa presidenta da entidade un convenio de colaboración que permite que os seus usuarios poidan asistir ao Colexio Edes,
Sinatura-convenio-Asociación-Nenos-Ponte-dos-Santos
14 Ago 2024

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar no Pazo de San Marcos un convenio coa presidenta da Asociación Nenos Ponte dos Santos, María José Sante Riopedre, a través do cal a institución provincial achega a esta entidade 14.000 euros para colaborar co transporte escolar.

O mandatario provincial puxo en valor o labor que desenvolve este colectivo na integración e mellora da calidade de vida e de benestar dos nenos e nenas usuarios e tamén das súas familias. Tomé Roca, tamén subliñou que “o seu traballo é fundamental para construír unha sociedade máis xusta, inclusiva e igualitaria”.

A través desta axuda os usuarios e usuarias do colectivo, formado por familias con nenos e nenas con discapacidade dos concellos de Alfoz, Foz, Barreiros, Cervo e Ribadeo, poden asistir ao Colexio Edes. Trátase dun centro específico, situado no municipio asturiano Tapia de Casariego, que recibe alumnado con discapacidade intelectual desde os 3 ata os 20 anos de idade. Así mesmo, conta cunhas instalacións adaptadas ás necesidades dos estudantes como salas de estimulación ou aulas de audición e linguaxe, entre outros espazos.

A metodoloxía de traballo que se desenvolve neste centro educativo vai dirixida a mellorar o desenvolvemento integral dos alumnos, fomentando a aprendizaxe de habilidades persoais e laborais necesarias para aumentar a súa autonomía. Nesta liña, participan en obradoiros de cociña, teatro, horta e xardinería ou comercio e, ademais, tamén reciben clases de música, educación física, fisioterapia e sesións individuais de logopedia, dependendo das necesidades de cada alumno.

0.1802659034729