A curtametraxe Jakobsland, rodada no Vicedo, proxectarase en Santiago
AMariñaXa
A curtametraxe Jakobsland, un proxecto a cargo da produtora Queiman e Pousa, poderase ver o sábado 12 de febreiro en Santiago
10 Xan 2022
A curtametraxe Jakobsland, un proxecto a cargo da produtora Queiman e Pousa, poderase ver o sábado 12 de febreiro na Cidade da Cultura de Santiago e máis adiante proxectarase no Vicedo.
Así, a praia de San Román e o Fuciño do Porco foron inmortalizados na curtametraxe que da difusión ao pasado viquingo da zona.
Esta gravación contou cun cento de persoas, entre protagonistas e figurantes, ademais da participanción do Concello e dos negocios da contorna.
Esta curta contou con actores amplamente coñecidos do audiovisual galego como son Isabel Blanco, Alfonso Agra ou Serxio Pazos, e tamén cos actores internacionais Paul Kavanagh e Tim O'Sullivan, intépretes de Vikings e Juegos de Tronos.