A curtametraxe Jakobsland proxectarase no Vicedo o día 9
A curtametraxe Jakobsland, un proxecto a cargo da produtora Queiman e Pousa, poderase ver o sábado 9 de abril na casa da cultura do Vicedo.
O Concellos do Vicedo invita a todos os veciños á proxección gratuita que será ás 19.30 horas. As persoas que queiran asisitri deberán anotarse no 982 590 195 ou no mail omix@concellodovicedo.org.
Nesta curta, a praia de San Román e o Fuciño do Porco foron inmortalizados na curtametraxe que da difusión ao pasado viquingo da zona.
Esta gravación contou cun cento de persoas, entre protagonistas e figurantes, ademais da participanción do Concello e dos negocios da contorna.
Esta curta contou con actores amplamente coñecidos do audiovisual galego como son Isabel Blanco, Alfonso Agra ou Serxio Pazos, e tamén cos actores internacionais Paul Kavanagh e Tim O’Sullivan, intépretes de Vikings e Juegos de Tronos.