A curta 'Ulises' da meirega Gaitafilmes competirá no Festival de Málaga

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A curta Ulises, dirixida por Félix Bríxel e producida por Gaitafilmes competirá na Sección Oficial de Curtametraxes do Festival de Málaga
ULISES DE GAITA FILMES
27 Feb 2023

A peza foi rodada na aldea de Mestre (Ribeira de Piquín) e na Serra do Xistral.

A curtametraxe Ulises, dirixida por Félix Bríxel e producida pola meirega Gaitafilmes foi seleccionada na Sección Oficial de Curtametraxes do Festival de Málaga.

Rodada na aldea de Mestre (Ribeira de Piquín) e na Serra do Xistral conta co apoio do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) e da Axencia Galega das Industrias Culturais, ademais da colaboración do Concello de Ribeira de Piquín.

A estrea de Ulises no Festival de Málaga será o vindeiro 11 de marzo.

Ulises, que sofre un acusado trastorno psicomotor, vive ao coidado de seu irmán. Un día abandona a casa familiar e decide enterrarse vivo. O seu irmán, desesperado, atópao e convénceo para volver, pero xa non sabe que facer para protexelo. Unha mañá, un vendedor ambulante chama á porta e convídano a pasar a noite na casa.

FÉLIX BRIXEL

Félix Brixel é profesor universitario e natural de Rianxo (A Coruña). Inicia a súa carreira artística no teatro coa creación compañía independente da USC, Krilajo, en 2013. Foi guionista e director das montaxes do grupo ata 2018. Nos últimos anos centrou a súa actividade na creación audiovisual, dirixindo traballos de aprendizaxe como A Cat in the Window (2018) -mención do xurado no Festival de Cans-, A chamada (2019) e Maipy Kanki (2020). En 2023 estrea a súa primeira curtametraxe profesional, Ulises, mentres se atopa desenvolvendo os seus primeiros guións de longametraxe.

0.17800402641296