A cronista oficial de Burela recibiu unha medalla conmemorativa
AMariñaXa
A cronista oficial de Burela, Herminia Pernas Oroza, recibiu unha medalla conmemorativa como recoñecemento ao seu cargo
2 Xan 2022
No Concello tivo lugar o acto de entrega dunha medalla conmemorativa á cronista oficial, Herminia Pernas Oroza.
O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “fixémoslle entrega á cronista oficial de Burela, Herminia Pernas Oroza, dunha medalla conmemorativa coa que quixemos recoñecer o seu cargo, ao que accedeu de forma oficial nun acto que tivo lugar o pasado mes de setembro, ingresando ademais na Real Asociación Española de Cronistas Oficiales”.
No acto participaron ademais do alcalde, Alfredo Llano, os concelleiros de Turismo e Medio Ambiente, Ramiro Fernández e Toñi Eijo.