A creatividade infantil enche de cor o Nadal de Cervo coa entrega dos premios do certame de postais

AMariñaXa
A alcaldesa, Dolores García Caramés, entregou os galardóns durante o Mercado de Nadal celebrado na Praza do Souto
Cervo-Entrega-premios-postais-Nadal-2025
15 Dec 2025

A Praza do Souto acolleu este sábado a entrega dos premios do certame de postais de Nadal, un acto que tivo lugar no marco do Mercado de Nadal organizado pola asociación Airiños do Xunco. A alcaldesa, Dolores García Caramés, foi a encargada de facer entrega dos recoñecementos ás nenas gañadoras, nun ambiente festivo marcado pola ilusión e a participación infantil.

Nesta edición tomaron parte un total de 41 nenas e nenos, que contribuíron a encher o certame de cor, imaxinación e espírito do Nadal. Na modalidade de felicitación institucional, o premio foi para Daniela Ben Blanco, de 7 anos. Na categoría de 3 a 5 anos resultou gañadora Mara Blanco Ramos, de 5 anos, mentres que na franxa de 6 a 9 anos o recoñecemento foi para Olivia Maragoto González, de 9 anos. Pola súa banda, Vera Lecumberri Villares, de 11 anos, acadou o premio na categoría de 9 a 12 anos.

Desde o Concello destacouse o alto nivel dos traballos presentados e o entusiasmo demostrado polas participantes, poñendo en valor este tipo de iniciativas que fomentan a creatividade desde idades temperás e contribúen a dinamizar a programación de Nadal. A alcaldesa felicitou ás artistas premiadas e agradeceu a participación de todas e todos os nenos que fixeron posible o éxito do certame.

⚙ Configurar cookies
0.079759836196899