Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Novo parón no crecemento dos casos activos de covid na provincia tras o aumento dos últimos días. Así, este martes hai 228 casos activos, 1 máis que onte, cando a xornada anterior a subida foi de 7. Tamén se freou a hospitalización.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 13 casos novos (onte foron 17 e anteonte 30 polo que xa se ve a tendencia á baixa. As altas chegaron ás 11.334, 12 en 24 horas, mentres que o día anterior foron 11.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.781 casos rexistrados e 214 persoas falecidas.
Nos hospitais, na UCI queda cun paciente pero estáncanse os ingresos en planta, que son 10, 4 están no Hula, 3 en Burela e 3 en Monforte.
O sistema de alertas, que está establecido en 4 niveis, mantense do seguinte xeito:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
- Alta. Para incidencia de 250 a 500.
- Media. Para incidencia de 150 a 250. Chantada, Viveiro e Cervo.
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
POR COMARCAS
O crecemento, que volve a cifras moi baixas, está centralizado en Viveiro, Cervo e Xove, onde se detectou o gromo e preocupa a situación de Vilalba, onde tamén houbo un pequeno gromo.
A Mariña
- Os casos en Viveiro seguen subindo, ata 34, 2 máis que onte.
- Elevada incidencia para Xove e Cervo polos casos vinculados co gromo de Viveiro.
- Incidencia leve en Burela, Foz, Ribadeo e Lourenzá.
- Mondoñedo leva unha semana sen casos.
- Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Barreiros, Trabada e Alfoz.
Terra Chá
- Vilalba mantén 22 casos e con incidencia elevada.
- Pol e Guitiriz, por debaixo de dez, ten casos pero con incidencia leve.
- Xermade e As Pontes están sen casos en 7 días.
- Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Friol, Meira, Cospeito e A Pastoriza.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo retroceden de novo ata 66 (3 menos).
- Leva unha semana sen Monterroso.
- Navia de Suarna continúa cunha incidencia alta de casos, pero por debaixo de 10.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Castroverde, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Palas e O Corgo.
Comarca de Sarria
- Sarria ten casos pero con baixa incidencia.
- O Incio tamén ten casos por debaixo de dez pero con incidencia alta.
- Láncara leva unha semana sen casos.
- Triacastela, Samos, Paradela e O Páramo seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.
Ribeira Sacra
- Chantada xa está por debaixo dos dez casos e mantén a alerta media.
- Monforte mantén os 22 casos de onte.
- Pantón ten casos pero con incidencia leve. Únese A Pobra de Brollón.
- Carballedo e Sober levan unha semana sen positivos.
- Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Quiroga, Taboada e Folgoso.