A covid continúa co seu descenso de casos na provincia

TerraChaXa | AMariñaXa
A covid continúa co seu descenso de casos na provincia. A provincia rexistra 26 casos menos pero sobe en dous pacientes a hospitalización
12 Dec 2020

A provincia de Lugo segue polo camiño de control da pandemia coa reducción dos casos activos. De feito, este sábado son 26 casos menos (onte foron 20 menos) o que supón un total de 545. Este dato vén condicionado coma sempre polos 18 novos positivos (onte houbo 25) e polas 45 altas das últimas 24 horas (onte foron 43). Ademais hai tamén un acumulado de infectados de 6.596 e 5.911 curados.

Mantense polo tanto unha clara tendencia continúa á baixa de casos positivos e tamén de novos contaxios, mentres se mantén un número de altas estable. Por outra banda, seguen a ser 139 os que perderon a vida na provincia dende que comezou a pandemia.

A hospitalización sobe, pola contra en dúas persoas. Seguen na UCI do Hula catro persoas ingresadas mentres en planta deste centro hai 17 (3 máis). Hai tamén 4 no da Mariña (1 men os que onte) e no de Monforte.

Por concellos, Vilalba recupera algo de folgos na incidencia acumulada e sitúase en 47 nos últimos 14 días cando onte era de 73. Cospeito volve aos 20 (un menos); e Castro baixa tamén 1 con 14 contaxiados nesta quincena.

Por concellos, na Mariña o Sergas informa que ningún concello tivo máis de 9 casos positivos novos nos últimos quince días. Ademáis, O Vicedo, Barreiros, Trabada, Lourenzá, Riotorto, Mondoñedo, O Valadouro e Ourol non tiveron ningún positivo na última quincena.

0.18578100204468