Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
Tralo parón de onte, a covid volve aumentar na provincia. De feito, este domingo hai 10 casos máis dun total de 244. Na xornada anterior a subida foi de 1 só caso.
Diagnosticaron nas últimas 24 horas 17 casos novos (onte foron 12). As altas chegaron ás 11.395, 8 en 24 horas, mentres que o día anterior foron 13.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.860 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.
A presión hospitalaria mantense estable. Hai tres persoas na UCI e 9 nas diferentes plantas, 3 están no Hula, 3 en Burela e 3 en Monforte.
Os cambios de restricións por concellos están do seguinte xeito:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
- Alta. Para incidencia de 250 a 500. Viveiro.
- Media. Para incidencia de 150 a 250. Cervo, Xove, Vilalba e Monforte.
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
POR COMARCAS
Viveiro na Mariña e Vivalba na Terra Chá acaparan o aumento de contaxios na provincia en dous gromos aínda sen acotar.
A Mariña
- Os casos en Viveiro seguen subindo, ata 46, 2 máis que onte.
- Elevada incidencia para Xove polos casos vinculados co gromo de Viveiro, que chega a 10 casos.
- Cervo, que está en alerta media, ten xa moi baixa a incidencia.
- Incidencia tamén leve en Burela, Foz, Ribadeo, Mondoñedo e Alfoz. Únese o Valadouro.
- Lourenzá está sen casos na última semana.
- Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Barreiros e Trabada.
Terra Chá
- Vilalba volve aumentar os positivos a 25 (4 máis).
- Begonte, Cospeito e As Pontes están por debaixo de dez casos pero con incidencia leve. Únese Meira.
- Pol non tivo casos na última semana. Únese Guitiriz.
- Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Friol e Xermade.
Centro da provincia
- Os casos en Lugo baixan de novo a 66 (2 menos).
- Navia de Suarna empeza a reducir a súa incidencia, que nunca superou os dez casos.
- Con incidencia leve están Portomarín e Castroverde.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Palas, O Corgo e Monterroso.
Comarca de Sarria
- Sarria leva unha semana sen casos. Únese O Incio.
- Triacastela, Samos, Paradela, O Páramo e Láncara seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.
Ribeira Sacra
- Monforte segue en 22 positivos en 15 días.
- A Pobra de Brollón, Chantada, Taboada e Quiroga teñen positivos pero con incidencia leve.
- Pantón leva unha semana sen positivos.
- Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Folgoso e Carballedo. Únese Sober.