A Coral Polifónica Alborada de Viveiro organiza o XXXVII Festival de Música Coral
A Coral Polifónica Alborada de Viveiro organiza para o sábado 12 de agosto o XXXVII Festival de Música Coral. Ademais haberá dúas actuación da soprano Clara Panas e dapianista Marta Blanco Pérez.
Terá lugar na praza Maior ás 12.00 horas e contará coas corais de Meirás, de Noia e a anfitriona.
A Coral Polifónica de Meirás, dirixida por Manuel Deus Lareo, cantará Consuelo foi ao muiño, Ruada de chamosa, Balaio e Cu cu.
A Coral de Noia, dirixida por Manuel González García, cantará O meu amor mariñeiro, Xosé L. Rivas, arr. coral Bieito Blanco, Suliko, María Soliña e Terra Meiga.
A coral anfitriona cantará El cóndor pasa arreglo william reed, Yo te diré, La flor de la canela, Chabuca Granda, e Popurri galego. Esta coral está dirixida por Marta Pérez Lage.