A Consellería do Mar renova a súa aposta pola Feira Expomar de Burela

AMariñaXa
A Consellería do Mar e a Fundación Expomar sentaron esta semana as bases da súa colaboración de cara á XIX Feira Expomar
expomar burela xornadas 2022
10 Nov 2022

A Consellería do Mar e a Fundación Expomar sentaron esta  semana as bases da súa colaboración de cara á XIX Feira  Expomar, que celebraré en Burela do 10 ao 13 de maio de  2023.

Esta semana reuníronse en Santiago de Compostela o presidente da Fundación  Expomar, Alfredo Llano, e máis o xerente, José Manuel González ‘Brais’, coa  conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, e o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta.

Nesta cita tratouse, como é habitual cada ano previo á feira, cal será a colaboración  da Xunta de Galicia de cara á próxima edición da feira náutico pesqueira de Burela. Os titulares da consellería do Mar renovaron a súa total aposta polo evento, no que  seguirán mantendo o espazo principal do recinto cun stand de 110 metros cadrados.

Asimesmo a Xunta axudará na promoción e publicidade da feira 2023, da que se  farán diferentes presentacións en Galicia nas semanas previas á cita. A consellería  tamén se comprometeu a colaborar coa degustación de productos pesqueiros nun acto especial de presentación que terá lugar en Madrid no mes de xaneiro.

Os representantes da Fundación Expomar saliron da xuntanza plenamente  satisfeitos de cara a unha nova edición da feira, a primeira despois da pandemia e  que por primeira vez terá lugar de mércores a sábado. Debido á alta demanda de  expositores, a superficie de exposición da feira ampliarase en más de 1.200 metros  cadrados con respecto á última edición, superando os 5.000 metros entre o interior  da nave de redes e unha carpa anexa no Porto de Burela.

De forma paralela á feira seguireanse desenvolvendo actividades paralelas como as  Xornadas Técnicas ou o Encontro Empresarial, que ofrecen un valor engadido de interese para os profesionais e todas aquelas persoas vinculadas ao mundo do mar  e a pesca.

Tamén se está valorando coa Xunta de Galicia a posibilidade de celebrar, como xa  sucederá en 2019, algún acto institucional do sector nas datas en torno á  celebración da feira.

Nos vindeiros días a Fundación Expomar seguirá mantendo reunións con outros  organismos do mundo da pesca para promocionar e reforzar os seus vínculo coa  feira Expomar, como coa Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao e outras entidades vinculadas ao mar.

0.18263506889343