A Consellería do Mar aborda coas confrarías da Mariña as necesidades do sector
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, e o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, mantiveron un encontro de traballo con representantes das confrarías da Mariña lucense e as súas asistencias técnicas co obxectivo de abordar de forma conxunta as necesidades dos bancos marisqueiros xestionados por estas entidade na zona.
O encontro, que tivo lugar na sede da Federación de Confrarías de Lugo no concello de Burela, serviu para analizar a situación particular da actividade marisqueira e para afondar na necesidade de intercambiar co sector as experiencias acumuladas e iniciativas en marcha co obxectivo de alcanzar conclusións sobre as cales elaborar novas propostas.
Deste xeito avánzase no compromiso alcanzado pola Consellería do Mar cos máximos representantes das confrarías galegas para abordar directamente os aspectos particulares dos diferentes bancos coa finalidade de artellar respostas específicas e máis efectivas ás necesidades de cada un deles.